Tempo de Xogo na casa

Boas a todos e todas!


Agora que imos a estar tempo na casa cos nosos seres queridos é moi importante estar ocupados e con moita gana de aproveitar o tempo.

Aos nenos gústalles moito xogar e facer cousas divertidas, así que no arcón dos xogos iremos deixando cousiñas para facer con eles,  e que están relacionadas co mundo da educación física.

Moitas opcións están a xurdir nas redes estes días, así que a única obriga é pasar o tempo e facer que o tempo corra un pouco máis rápido.

Un saúdo e moito ánimo e forza!