Xogos Populares

É tempo de outono, tempo de castañas, fumeiras e xogos populares. Xa se sabe que "por San Martiño trompos ó camiño".

Xogos Populares e Tradicionais

CONDICIÓN FÍSICA (TWO)

BOAS, 


imos co segundo reto de condición física. List@s?

Tes que intentar completar o ABECEDARIO. 

Se tes dúbidas como se fan os exercicios ou os nomes,  fomenta a túa búsqueda de información na rede. Son exercicios moi coñecidos así que atoparás videos ou demostracións de como se fan. 




Curso 2020-2021 Protocolo aulas EF

Boas a tod@s, 

neste ano as aulas de Educación Física seguirán o seguinte protocolo de seguridad.

Aulas Seguras (Protocolo en PDF)

Este protocolo garante a distancia física, a hixiene e a consecución da mairía dos contidos que se reflexan no currículum de EF en Galicia. A diferencia atoparase na metodoloxía, que será de carácter máis individualista en comparación coa metodoloxía global e cooperativa que se demandaba anteriormente e o uso da máscara como obligan os protocolos administrativos.

O vehículo conductor seguirá sendo o xogo e a superación individual e grupal. Buscando que o alumnado desfrute e aprenda movendo o seu corpo.


Moitas gracias pola vosa comprensión e axuda,


Un saúdo.

Shuffle Dance Tutorial!


O shuffle Dance é un estilo de baile que é moi popular hoxe en día. 

Queres aprender 4 pasos de baile?



Na clase fixemos bailes en parellas deste estilo. 

Eres quen de practicar estes pasos de baile segundo o tutorial e conseguir facelos?

O vídeo está en inglés, pero fixándote podes repetir os pasos. Practica un pouco e sairache. Despois soamente tes que practicalos escoitando a música que desexes ti e bailar un pouco. 

Un saúdo.



ACROSPORT INDIVIDUAL

RECORDAMOS O ACROSPORT. 

Recordade as medidas de seguridade e o coidado co lugar onde o fagades! Podedes pedir axuda se o precisades na casa. Algunhas figuras son moi sinxeliñas, outras un pouco máis complicadas, así que ide probando pouco a pouco. 



Queres ampliar? Podes facer na casa acrosport con algún irmán ou familiar? Retos de acrosport en parella!!




3 en raia


Xoga ó 3 en raia. 


Sabes xogar ao tres en raia? Debes de conseguir 3 retos en liña antes que o teu oponente.

Regras do xogo: 

1º Botade a sortes quen empeza

2º Escolle o reto. Se o logras xa tes un

3º Espera que o teu opoñente intente o seu reto. 

4º Gaña o primeiro que consiga tres retos en liña. 



OS XOGOS POPULARES

CHEGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E É UN MOMENTO ESTUPENDO PARA REPASAR OS NOSOS XOGOS MÁIS TRADICIONALES E POPULARES. 


Propóñovos os seguintes xogos, que podemos realizar tanto na casa como no exterior. 

Son ademais xogos que se poden facer en familia.

Un saúdo e unha aperta


Envía o teu vídeo ou fotografía practicándoos



COORDINACIÓN


BOAS! 


Coordinación a través dun circuito, un xogo ou baile.

OPC. A) Se temos espacio podemos facer un circuito. Para delimitar podes usar de todo, cartóns de leite, botellas de plástico, calcetíns, zapatos, etc. A maneira de desplazarse elíxela tí. 

Algúns exemplos. 





OPC B) Se non temos espacio baile ou xogo coas mans e pés. Ou facer o noso propio baile

Este é un exemplo coas mans: Este exemplo é moi divertivo e sinxelo. Solo temos que practicar

https://www.youtube.com/watch?v=Knkg5GKmvPw


 

Este é un exemplo cos pés: Debuxa un cadrado, dous ou máis no chan, con tiza ou cinta adhesiva. E crea os teus pasos de coordinación.

  
Se queres ver máis exemplos clica aquí
________

Cando teñas o resultado podes enviarme un vídeo ao meu correo: 


jesusgarcialineira@edu.xunta.es