Rematamos o Deporte Intercentros!!

Visitamos o Lago Castiñeiras

Fonte Imaxe: Diario de Pontevedra


Un ano intenso e cheo de novos momentos. Coñecemos nen@s nov@s, practicamos deportes diferentes e novedosos e ademais coñecemos colexios da nosa zona. Todo isto para poñer o broche final facendo unha xornada de deporte na natureza. 

Cun día fermosísimo desprazámonos ata o Lago Castiñeiras, un lugar fermosísimo que nos brindou a posibilidade de facer diferentes xogos de pistas, ata atopar o cofre do tesouro. 

Pasámolo xenial, respetamos a natureza e coñecemos xente nova. 

O ano que vén máis e mellor!!